Pasas o ano planeando o teu disfrace? Ou pola contra es máis de ver como o fan os demais? Encántache o cocido? Ou vas directamente pola sobremesa? Sexas como sexas, o Entroido é para gozalo como máis che guste. En Galicia, esta festa celébrase ao grande e hai case tantas formas de facelo como pobos e cidades. Estas son algunhas das máis famosas. Descúbreas e vive un #entroidonohashtag!
- Os choqueiros da Torre. A ausencia de normas é a característica máis destacada do Entroido choqueiro: na coruñesa rúa da Torre miles de veciños atavíanse coas máis extravagantes vestiduras para gozar da tarde do martes a ritmo de charangas e comparsa. A clave do choqueirismo está no “do it yourself”, pero se vas a contra reloxo e non queres perder a festa, nas nosas xogueterías y El Corte Inglés encontrarás o que necesitas para un disfrace top.
- O triángulo máxico ourensán. Se hai un Entroido que traspasa as nosas fronteiras é o de Ourense: Laza, Verín e Xinzo conforman o triángulo máxico do Carnaval coas súas emblemáticas máscaras: peliqueiros, cigarróns e pantallas convértense durante unhas semanas en autoridade e percorren as rúas co seu estrondo de chocas e os seus coloridos traxes.
- Os volantes de Chantada. Na Ribeira Sacra lucense, os volantes son a máxima expresión do Entroido tradicional. Trátase dunha figura colorista cun impresionante chapeu que pesa máis de 15 quilos.
- Ravachol: o loro do boticario. Aínda que a maioría dos galegos despiden o Entroido enterrando a unha sardiña, os pontevedreses dan sepultura a un loro: trátase de Ravachol, o papagaio de boticario D. Perfecto Feijóo, na praza da Peregrina, cuxa morte en 1913 conmocionou á cidade.
- Batallas dialécticas no corazón do Ulla. Entre Touro e Boqueixón, na comarca do Ulla, os “xenerais”, con curiosas roupas de corte militar, desfilan montados da cabalo e protagonizan os “atranques”, batallas dialécticas por parellas nas que se fai burla de asuntos sociais de actualidade.