Zona de moda y deporte de Marineda City
 

Sete propósitos para empezar o ano con bo pé

¡Xaneiro! Despedímonos das festas e dicimos ola a un novo ano cheo de bos propósitos. En Marineda City temos todo o necesario para axudarche a cumprilos.

Poñerte en forma. Este ano si que si :ven á nosa zona de moda e deporte e equípate con todo o necesario para mellorar a túa saúde e o teu estado de ánimo. E é que non podemos esquecer que mens sana in copore sano.

Redecorar a casa. Chegou o momento de te desfacer do vello sofá do salón ou de conseguir ese vestidor co que soñas desde hai meses. Pasa polas nosas tendas de decoración e atopa a inspiración que necesitas.

Renovar o teu armario. Hai tempo que pensas nun cambio de look? Aproveita as rebaixas de Marineda City e faite coas últimas tendencias nas nosas marcas de moda.

Ir máis ao cine. Por moi a gusto que esteas baixo as mantas no teu sofá, a maxia do cine só se pode vivir nunha sala. E sábelo.

Ler máis. Novela, ensaio, cómic… Sexa cal for a túa preferencia, na Librería Santos Ochoa atoparás o que buscas para cumprir este propósito. Déixate asesorar!

Quedar máis cos amigos.
Comparte un café quentiño ou goza dos teus pratos favoritos na mellor compañía na planta 2 de Marineda. E que sexa certo iso de “temos que vernos máis”!

Dáte un capricho beauty. Depilación láser, tratamentos faciais, barbería, manicura… Empeza o ano coidándote nos nosos establecementos de beleza.