Queda menos dunha semana para Marineda Fest (do 11 ao 13 de xullo), un festival gratuíto que contará coa presenza de Xoel López, Iván Ferreiro e Pardo, unha parada de food trucks e actividades para gozar en familia.
Marineda Fest, é, ademais, unha cita solidaria, na que teredes a oportunidade de colaborar coa Fundación Meniños, unha entidade que traballa en favor da infancia e a adolescencia. Desde hoxe e ata o próximo 13 de xullo, os voluntarios da organización estarán no noso espazo solidario (planta 0) para concienciar e recadar fondos. Nel, atoparedes as pulseras solidarias de Fundación Meniños, cuxa adquisición daravos dereito a participar en sorteos de premios exclusivos do Festival a través das redes sociais da entidade. E a partir do martes 9 de xullo, poderedes facervos cunha camiseta customizada de Marineda Fest, á venda por un prezo de 10€, importe que se destinará íntegramente ao seu labor social.
Talleres solidarios
Marineda City arranca o 11 de xullo co concerto de Iván Ferreiro, Xoel López e Pardo e continuará o venres 12 e o sábado 13 cunha chea de actividades deseñadas para os pequenos e pequenas da casa, entre as que se atopan os talleres infantís a cargo de persoal educativo da Fundación Meniños. Neles, os nenos e nenas aprenderán a crear instrumentos musicais con materiais reciclados e poderán participar nunha coreografía da canción “Viaxe o centro das emocións”, composta polo artista Pablo Díaz.
Estes talleres forman parte da programación do Festival Infantil Deleite, celebrado no marco de Marineda Fest e que contará tamén cun concerto de Pablo Díaz, charlas sobre a historia do pop e o rock para nenos a cargo do xornalista e divulgador Javier Becerra, mini Dj Set e cine familiar ao aire libre. Consulta os horarios e actividades aquí.