Comeza a Semana Santa, para moitos días de descanso e ocio. Tanto se vives fóra e tes previsto viaxar á Coruña como se es da cidade, en Marineda City tes un montón de opcións para pasar un bo rato: só, con amigos ou en familia, na cidade das compras e o ocio hai millóns de plans para gozar do teu tempo libre.
Ir de compras; descubrir novos sabores nun dos nosos restaurantes; ver as últimas estreas; regalarte unha sesión beauty; botar unha carreira nos karts; xogar aos birlos; deixar aos peques pasándoo bomba no noso parque infantil mentres exploras as últimas tendencias no Corte Inglés, Zara, H&M, Primark, Mango…; atopar o último en tecnoloxía en tendas como Media Markt ou a única Mi Store de Galicia; ou facerte co equipamento deportivo que necesitas na nosa zona de moda e deporte (planta 1): todo isto e moito máis espérate no maior complexo comercial e de ocio de Galicia.
Días de apertura
Para que poidas planificar a túa visita en función das túas preferencias, recordámosche que os días 18 (Xoves Santo) e 20 (sábado) abrimos todas as tendas, mentres que o día 19 (Venres Santo) e 21 (domingo) poderás gozar das nosas áreas de ocio e restauración.
Servizos á túa disposición
En Marineda City queremos facer a túa visita máis cómoda e por iso poñemos á túa disposición servizos como o gardarroupa, préstamo de cargadores de móbil, de cadeiras de rodas e scooters eléctricas para persoas con mobilidade reducida, e de cadeiras de neno e mochilas portabebés, prazas de aparcamento para familias, garda cascos, aparca bicis, áreas de descanso… Podes consultalos todos aquí. Ademais, dispoñemos dun hotel de 4 estrelas, situado a 8 minutos do aeroporto e a 10 minutos da A-6, para que aproveites a tope a túa estancia.
Toda a información que necesitas, na nosa app móbil
Tanto se é a túa primeira visita a Marineda como se es un cliente habitual, grazas á nosa app móbil resultarache moito máis doado moverte polo centro e atopar o que buscas á primeira: e é que dispón dun servizo de xeolocalización que te levará directamente ás túas tendas favoritas ou á situación exacta do teu coche no aparcamento. Ademais, con ela poderás estar ao tanto de todas as nosas promocións, personalizadas segundo os teus gustos, e beneficiarte de descontos exclusivos coa nosa Marineda City Card. Podes descargala gratuitamente para dispositivos iOS o Android.
Plans para toda a familia
A nosa proposta comeza xa este venres, 12 de abril, coa actuación do cómico Pedro Brandariz, que promete risas e diversión para os máis pequenos e pequenas da casa coa súa actuación no marco do Festival “Falando a Boca Chea”. Será a partir das 19h na planta 2.
Durante estes días, a tradición manda: por iso, en Ikea propóñennos unha divertida xincana para atopar os ovos de Pascua escondidos no establecemento. Ademais, podes gañar un cheque regalo de 300 euros!
Se non queres perder nada, recorda que podes consultar a nosa axenda actualizada na web ou na nosa app móbil.