Novas aventuras, festas temáticas, bailes, xogos, e, sobre todo, moita alegría, espérante na nosa zona infantil. Celebramos as datas máis sinaladas no noso barco pirata con festas e talleres nas que os pequenos e pequenas da casa poderán dar renda solta á súa creatividade. Consulta a programación deste ano e ven pasar as tardes máis divertidas con nós!
– Sábado, 2 de marzo. Festa de Carnaval (17h, planta 2)
Celebramos a festa máis esperada do ano cunha tarde chea probas, bailes e sorpresas. Ademais, os pequenos e pequenas poderán presumir dos seus disfraces nun gran desfile onde a creatividade e a orixinalidade terán premio.
– Sábado, 25 de maio. Festa das Flores (17h, planta 2)
Música, alegría e diversión para celebrar o mes máis florido. O sábado 25 de maio pasaremos unha tarde estupenda con xogos, taller de papiroflexia e outras actividades.
– Sábado, 7 de setembro. Festa da Volta ao Cole (17h, planta 2)
A volta ao cole será do máis emocionante na nosa zona infantil: ademais dun taller de arte e reciclaxe para sacar o mellor partido das cousas que xa non necesitamos, teremos bailes, música e xogos para pasalo en grande.
– Sábado, 26 de outubro. Festa de Halloween (17h, planta 2)
Tarde de bruxas no noso barco pirata! E é que para celebrar Halloween preparamos unha gran festa terroríficamente divertida ambientada nos conxuros máxicos.
– Venres, 22 de novembro. Festa Black Friday (17h, planta 2)
Un taller de sushi con lambonadas, xogos e diversión para que peques e maiores gocen desta xornada de grandes descontos.
– Domingo, 29 de decembro. Festa de Fin de Ano (17h, planta 2)
O 29 de decembro despedimos o ano cunha gran festa na que tomaremos as uvas e brindaremos por un feliz ano novo.
Non faltes!