Que si, sabémolo, San Valentín paréceche unha “noñería”, pero… no fondo estás desexando celebrar ese día coa túa media laranxa. E é que, que che guste regalar en San Valentín, é moi Marineda.
Se xa estás pensando en algo súper especial para esa persoíña que che alegra os días, dámosche algunhas ideas:
- Dillo con donuts. Seis loops especiais cheos de amor, sabor e dozura. Encárgaa xa en Loops & Coffee na planta 1.
- Cupido nunca falla. E cunha xoia, o éxito está asegurado. Ademais, en Pandora (planta 0) por compras superiores a 99€, levas un charm de agasallo.
- O momento perfecto. En IKEA crearon uns estupendos packs para que crees o teu momento perfecto e goces dun San Valentín incrible. Bótalles unha ollada aquí.
- Conquista un corazón deportivista. Pásate pola Deportienda e enamórate (y enamóra@) da edición especial #CómoMeVoyAOlvidar. Ademais, ata o 14 de febreiro, os produtos vermellos da colección Macron da tempada 18/19, teñen un 20% de descuento.
- Viaxes e ceas gratis. En Muerde la Pasta (planta 2) celebran a semana do amor sorteando ceas gratis e viaxes. Anímate a participar… e sorte!
- Unha velada moi especial. En Carrís Hoteis teñen o plan perfecto para unha noite romántica: o pack “noite contigo”, co que gozaredes dunha estancia en Habitación Premium con almorzo buffet incluído.
Pero se o que realmente queres é compartir un momento especial para celebrar o amor como merece, ocórresennos unha chea de opcións: compartir uns espaguetis como a Dama e o Vagabundo nalgún dos nosos restaurantes italianos, pelexarvos polas pombiñas antes de que empece a peli, deixarlle gañar aos karts, deixar aos pequenos en Fan Square mentres vos regalades unha ceíña romántica… Seguro que a ti se che ocorre algunha idea máis, así que xa sabes, imaxina o teu momento ideal, nós poñémoslle o esceario perfecto.