O venres 30 de novembro inauguramos a nosa programación de Nadal cun evento que xa é un clásico das festas: o acendido da iluminación
Este Nadal, volve a maxia a Marineda City: o venres 30 de novembro dámoslle a benvida ás festas cun invitado moi especial: Luis Piedrahita, que será o encargado de inaugurar a nosa programación de Nadal, na que non faltará a xa tracional pista de xeo e unha chea de actividades para toda a familia.
O mago e humorista acompañaranos nun evento que xa se converteu nun clásico das festas: o acendido da iluminación. O coñecido artista, que estará acompañado da directora do centro, Ana López, dará a benvida ao Nadal con #PlayTheChristmas, un divertido show aberto ao público que incluirá un monólogo de Piedrahita escrito especialmente para a ocasión, trucos de maxia e sorpresas para os asistentes.
O evento celebrarase no interior do centro, na Praza Elíptica, a partir das 20h
Será un evento cheo de sorpresas no que, como sempre, esperámosvos a todos para inaugurar esta época chea de ilusión.
Programación de Nadal
Pista de xeo
Desde o 23 de novembro ao 3 de febreiro, poderedes gozar de nosa xa tradicional pista de xeo na praza exterior. Podedes consultar os prezos e os horarios neste enlace.
Papá Noel, O Cartero Real e os Reis Magos
Papá Noel visitará o centro do 15 da o 23 de decembro, de 17h a 21h, e o día de Noiteboa os nenos poderán velo de 16.30h a 19.30h. Desde o 26 de decembro o Cartero Real tomará a substitución para recoller as cartas aos Reis Magos, quen pasarán por Marineda City os días 3 e 4 de xaneiro, de 17h a 21h, e o día 5, de 12h a 14h
O Baúl do Mago
Os días 13, 14 e 20 e 21 de decembro visitaranos a divertida caravana do Mago Rafa, na que poderemos gozar de marabillosos espectáculos de maxia de cerca (Pases cada 30 minutos de 17h a 21h, Praza Elíptica)
Servizo de empaquetado de agasallos
Do 10 de decembro ao 5 de xaneiro, na planta baixa, teremos un servizo gratuito de empaquetado de agasallos que funcionará de 17h a 21h.
Festa infantil de fin de ano
O domingo 30 de decembro despedimos o 2018 cunha festa para os pequenos da casa na que non faltará o cotillón e un gran brindis con todos os asistentes. (Club infantil de 17h a 19h)
Aperturas especiais
Ademais, para facilitar as vosas compras navideñas, as nosas tendas estarán abertas o domingo 25 de novembro e todos os domingos de decembro, así como o sábado día 8.