Cada 20 de novembro, celébrase o Día Mundial da Infancia, un día dedicado aos nenos e nenas de todo o mundo que ten como obxectivo dar a coñecer os dereitos da infancia, chamar a atención sobre a situación dos máis desfavorecidos e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Desde Marineda City queremos poñer o noso graíño de area e por iso levaremos a cabo unha serie de iniciativas de difusión e sensibilización. O 20 de novembro acompañaranos a Fundación Meniños para recadar fondos e realizar unha serie de talleres e actividades en torno á infancia. Ademais, daremos a coñecer os dereitos dos nenos e nenas a través das nosas stories de Facebook e Instagram, publicando un cada día ata o 20 de novembro. Ese día, ademais, as nosas redes sociais tinguiranse de azul para conmemorar esta data, que este ano ten como lema “Os nenos fanse cargo e pintan o mundo de azul”. Por iso, UNICEF anímanos a todos sumarnos usando roupa ou accesorios azuis, cociñando algo azul ou regalando un dos obxectos azuis da organización.
Por que se celebra o Día Mundial da Infancia
O Día Mundial da Infancia ten como obxectivo promover o benestar da infancia e celébrase o 20 de novembro en conmemoración da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, en 1959 e da Convención dos Dereitos do Neno, en 1989, o máis universal dos tratados internacionais.
A Convención sobre os Dereitos do Neno establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito a xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.
Pese a iso, 385 millóns de nenos viven na pobreza extrema, 264 millóns non están escolarizados e 5,6 millóns de nenos menores de cinco anos morreron o ano pasado por causas que podían terse prevido.