Pandora é unha das últimas marcas en sumarse á nosa oferta de moda e complementos cunha tenda de 84 metros cadrados situada na planta baixa. O establecemento ofrece unha experiencia exclusiva de compra: a posibilidade de mergullarse nun universo de xoiería acabada a man e de materiais de calidade. Este concepto de tenda chámase Evolution e ten como obxectivo establecer unha relación especial entre a consumidora e a marca.
Na nova tenda de Marineda City atoparás desde os emblemáticos “charms” da firma -que che permitirán deseñar xoias únicas que reflictan a túa personalidade combinando diferentes pezas-, ata aneis, pendentes e colares para calquera ocasión, así como a colección Disney, coa que poderás crear unha pulseira de conto con charms de Mickey e Minnie Mouse, Chip, Elsa, Olaf, Pinocho, Blancanieves ou Bela.
A nova boutique conta cun mobiliario sofisticado que a converte nun espazo propio da funcionalidade danesa e do deseño de alta gama, onde as novas coleccións serán presentadas de forma inmellorable, seguindo os valores da marca e representando o seu ADN: xoias genuinas, contemporáneas e femininas, que permiten ás mulleres expresarse individualmente e dar a coñecer o seu interior.
A incorporación de Pandora súmase ás recentes aperturas de Luxenter, Xiaomi, Pomodoro, iRefurb, La Casa das Carcasas ou Goiko Grill, coas que apostamos por seguir ofrecéndoche a mellor experiencia de lecer e shopping.