Este mes de xullo, as mulleres son as protagonistas en Marineda City. Por iso, este ano, quixemos contar cunha das voces femininas máis queridas do noso país para o noso concerto de verán: a de Rosario Flores. A súa actuación, o xoves 5, ás 21h, será o colofón á semana de actividades Marineda con M de Muller.
Comezaremos o luns 2 de xullo cun programa especial de Voces da Coruña, que se gravará en directo no centro comercial e no que trataremos un tema de actualidade: as influencers. Para falar desta figura, contaremos coa blogger Donkeycool e a actriz Almudena Ripamonti, que protagonizó unha reportaxe para o programa Espello Público de Antena 3 na que se fixo pasar por influencer.
O martes 3 de xullo dedicarémolo ao benestar tanto físico como mental cunha actividade en torno ao ioga e ao pilates: Ivonne Botana, de 939 Studio, ofrecerá unha charla sobre os beneficios desta práctica para a muller e unha clase maxistral. Será na praza elíptica de 17h a 19h. (Prazas limitadas, inscricións no Facebook de 939 Studio a partir do 25 de xuño)
Para o mércores 4 organizamos un reto moi especial co que queremos contribuír a reducir a brecha de xénero na Wikipedia: trátase dun maratón no que propoñemos crear ou completar o maior número de artigos sobre mulleres posible na enciclopedia virtual.
O último día de con #MdeMujer, o 5 de xullo, comezaremos a tarde cun taller merenda en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e A Piadina, no que a nutricionista María Fernández Álvarez daranos recomendacións sobre alimentación saudable. A cita: de 17h a 19h na Praza Elíptica. (Prazas limitadas, inscricións no Facebook de AECC A Coruña a partir do 25 de xuño)
E como colofón, o concerto de Rosario Flores na praza exterior, onde ademais teremos unha parada de food trucks para comer e tomar algo mentres gozades da garra e enerxía da intérprete de temas tan coñecidos como “Mi gato”, “De mil colores” ou “Como quieres que te quiera?” Os food trucks permanecerán no centro ata o domingo 7 de xullo, no marco do Marineda Fest, no que ademais haberá actividades infantís, djs, showcookings…
Ademais, durante a semana do 2 ao 6 de xullo, propoñerémosvos un reto: encher as redes sociais cos nomes e historias das mulleres, coñecidas ou anónimas, ás que admiramos. Así, por cada tuit ou comentario no que nos digades cal é a muller á que máis admirades doaremos 1€ á Asociación Española contra o Cancro. Poderedes participar a través de Twitter, utilizando o hashtag #MdeMuller ou a través deste enlace.