Desde principios de mes de xuño, en Marineda City contamos cunha nova oficina de Gas Natural Fenosa en Marineda City, coa que a firma reforza o seu servizo de atención ao cliente. O novo centro, que contará con tres postos de atención e un de información, ten como obxectivo reafirmar o compromiso da empresa enerxética cos seus clientes residenciais e pemes na Coruña, onde ten preto de 710.000 clientes nos mercados eléctrico, gasista e de servizos.
A nova oficina de Gas Natural Fenosa está situada na planta 0, no corredor de servizos, no que tamén se atopan diversas tendas de telefonía, Loterías ou Barberías Dom. E é que nas vosas visitas a Marineda City, ademais de vir de shopping, tamén podedes realizar os trámites e recados que necesitades no voso día a día.