Seguimos crecendo! Hai apenas unha semana dabamoslle a benvida a Merkal Calzados, que vén sumarse á nosa oferta de moda para toda a familia. E para celebralo, ata o 16 de xuño teñen un 20% de desconto en toda a colección.
O establecemento, situado na praza exterior, posee 476 m2 de superficie de vendas e un deseño moderno e funcional. Trátase da primeira tenda que a cadea, líder en calzado no mercado nacional, abre na cidade da Coruña e nela atoparedes unha ampla selección de muller, home e nenos, así como unha excelente relación calidade prezo e frecuentes promocións.
Merkal Calzados ven sumarse ás novas aperturas que tiveron lugar no centro nos últimos meses, como a oficina de atención ao público de Gas Natural Fenosa, o restaurante de inspiración mexicana Taco Bell, ou a marca de sandalias e alpargatas Havaianas. E tamén no apartado de restauración, desde principios de verán podemos desfrutar na praza exterior da mellor gastronomía galega no gastrobar Galician Food e dos xeados de Bico de Xeado.