A partir de agora, marca os venres no teu calendario porque en Marineda City espérante as tardes más divertidas para pasalo ben en familia. E é que preparamos unha programación semanal con espectáculos culturais gratuítos dirixidos aos máis pequenos da casa, na que poderemos desfrutar de artistas galegos da talla de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc, Caramuxo Teatro, Os tres tenedores ou o Mago Martin Camiña.
O teatro, a maxia, a narración oral e a música terán cabida no novo programa Fun&Friday co que queremos converternos nun máis no mapa de lecer familiar da Coruña. Comezamos o venres 6 de abril nada máis e nada menos que con Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc, o prestixioso músico coruñés que triunfa en toda Galicia co seu último traballo Tic, Tac, Toc. Ramiro Neira, o Mago Rafa, Caxoto e Marcos Pereiro serán outros dos artistas que pasarán polo noso escenario en abril.
En maio teremos a oportunidade de desfrutar dos espectáculos do Mago Martín Camiña, que nos presentará as súas “Ilusións musicais”; Capitán Garfo, que animará os pequenos e pequenas a comer ben con seu pop electrónico; Caramuxo Teatro, con “Feo”, premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil; e As Maimiñas, que nos achegarán cancións e danzas típicas de distintos países con “Volta, revolta e reviravolta”.
Os contos que bailan de Baobab Teatro, as mil historias de A trastenda dos contos, os títeres de A Xanela de Maxín, a música e o humor de Os tres tenedores e “Tristán”, unha comedia xestual interpretada a modo dos debuxos animados de Elefante Elegante, son as propostas para o mes de xuño.
Gaña entradas para os nosos establecementos de ocio
Pero ademais de desfrutar dos espectáculos, poderás gañar entradas para os nosos establecementos de ocio. Cada venres, desde o 4 de maio, sortearemos 3 packs de 2 entradas para a bolera, o cine o karting…
Como participo?
- Reúne os tickets de compras realizadas os venres en calquera dos nosos establecementos comerciais dentro do periodo promocional e cuxo sumatorio sexa igual ou superior a 15€.
- Cada sumatorio de 15€ será unha participación, cun máximo de 5 participacións por persoa e día.
- Presenta os teus tickets no punto de información situado xunto a La Bottega (de 10 a 22h de luns a sábado).
E se tes a app de Marineda City, o premio pode ser doble! Se aínda non as tes, descárgaa xa (Android / iPhone) e comeza a gozar de todas as súas vantaxes.
Consulta as bases no enlace e participa!
Festival Falando A Boca Chea
No marco do ciclo Fun & Friday, converterémonos nunha das sedes do Falando A Boca Chea, un festival de narración oral que pretende acercar o público aos contos tradicionais no que participarán recoñecidos monologuistas e actores galegos. Así, o día 13 visitaranos Ramiro Neira e o 27 contaremos coa presenza de Caxoto (A trastenda dos Contos). Tras a actuación de Caxoto, será a quenda de Marcos Pereiro, que ofrecerá un espectáculo para o público adulto. Todo un camaleón do humor, Marcos participou no famoso dúo As Cantareiras de Ardebullo e en series e programas de televisión como Terra de Miranda, Air Galicia, Vilamor, Tourilandia, A Casa da Conexa ou Buscando Ardebullo.
Así, ao longo dos vindeiros meses, cada venres en Marineda será especial porque contaremos con artistas de prestixio para ofrecerche o mellor plan. Ven divertirte co noso espectáculo nas terrazas de planta 2 e desfruta de todos os servizos que deseñamos para facer a túa visita ao centro en familia o máis cómoda posible: prestámosche un carriño ou unha mochila para que pasees cos teus nenos, contamos con aseos infantís, salas de lactación, cambiadores de bebés, prazas de aparcamento para familias, pulseiras de seguridade, o Club Marineda Kids, etc.
Programación ciclo Fun&Friday (trimestre abril- xuño)
Entrada gratuíta – Planta 2
Abril
6 de abril, 19h: Pablo Díaz e a Banda Tic, tac, toc
13 de abril, 19h: Falando a Boca Chea. Ramiro Neira
20 de abril, 19h: Mago Rafa
27 de abril, 19h y 21h: Falando a Boca chea. Caxoto (público familiar) e Marcos Pereiro (público adulto)
Maio
4 de maio, 19h: Mago Martín Camiña. “Ilusións Musicais”
11 de maio, 19h: Capitán Garfo
18 de maio, 19h: Caramuxo Teatro. “Feo”
25 de maio, 19h: As Maimiñas. “Volta, revolta e reviravolta”
Xuño
1 de xuño, 19h: Baobab Teatro. “Bailando cos Contos”
8 de xuño, 19h: A trastenda dos contos. “Unhas gafas como as do avó”
15 de xuño, 19h: A Xanela do Maxín. “Os Titeremusicontos”
22 de xuño, 19h: Os Tres Tenedores. “Cocido Express”
29 de xuño, 19h: Elefante Elegante. “Tristán”
Consulta a nosa axenda en https://marinedacity.com/gl/axenda para estares ao tanto de cada actuación e non esquezas seguirnos nas redes sociais porque teremos unha chea de sorpresas e sorteos!