Esta Semana Santa, temos un planazo! Goza do cine a todas horas coas sesións matinales e golfas de CINESA, toma algo nas nosas terrazas, demostra os teus dotes como pianista ou divírtete en familia coas actividades do Club Kids. Ademais, os compañeiros de Fan Square prepararon os campamentos máis divertidos para os pequenos da casa e se vés a IKEA devólvenche as peaxes das autopistas galegas desde a túa casa ata Marineda City. ¡Será por plans!
- Cine a todas as horas Se o tempo non acompaña o cine sempre é un bo aliado para gozar dunha xornada pasada por auga. Do 28 ao 31 de marzo, os máis noctámbulos poderedes gozar das sesións golfas de CINESA e os días 29 e 30 de marzo haberá matinais para os que prefirades aproveitar o día.
- Campamentos en Fan Square Fan Square ofrece campamentos nos días laborables de Semana Santa para que os teus nenos gocen das vacacións como merecen. Con horarios variados, con ou sen comida… Elixe a opción que máis se axuste ás túas necesidades e reserva a túa praza no 981 91 79 69.
- Talleres e festas no Club KIDS Todos os sábados e domingos pola tarde o noso Club KIDS énchese de diversión con talleres e festas para os máis pequenos da casa. Os sábados 24 e 31 de marzo teremos talleres especiais de Semana Santa nos que aprenderemos a facer poliños de cores e coelliños de Pascua e os domingos 25 e 1, espérannos divertidísimas xincanas.
- Ven a IKEA sen pagar peaxes IKEA celebra a chegada da primavera cun showcooking de gofres, contacontos, a presentación a nova colección de verán e promociones especiais. E se vives lonxe, devólvenche o importe das peaxes de ida e volta en tarxeta regalo por compras superiores a 120€ (Só para usuarios de IKEA Family)
- Ven tocar o piano Gústache tocar o piano? Agora tes a posibilidade de facelo no noso piano da planta 2 Só tes que solicitalo nos puntos de información con polo menos 1 hora de antelación.
Recorda que o xoves 29 e sábado 31 abrimos todas as tendas, lecer e restauración, mentres que o venres 30 e o domingo 1 de abril soamente abrimos as zonas de lecer e restauración. E se vés visitarnos desde fóra de Galicia, solicita a túa Marineda City Card turista e benefíciate de promociones en máis de 30 establecementos. Esperámosvos!