A xerente de Marineda City, Ana López, participará o próximo 6 de marzo na Coruña en eWomanCoruña, un evento que ten como obxectivo es servir de altofalante para mostrar os casos de éxito das mulleres que destacaron pola súa traxectoria profesional e o seu liderado.
Na xornada, que terá lugar no Hotel Meliá María Pita, varias directivas exporán a súa experiencia; ademais, entregaranse os premios eWoman Coruña e haberá un entretido roleplay, no que Different Coaches proporá subirse a unha máquina do tempo para descubrir entre todos os asistentes as historia de éxito da muller do século XXI.
Ademais de Ana López, entre as ponentes desta primeira edición de eWoman Coruña estarán a directora da Área Social do Real Club Deportivo, Gelines Romero; a directora da área in/gaming de Imaxin Software, Luz Castro; unha das asesoras de la Fundación Mulleres Berta Lema Añón, a cofundadora de Different Coaches, Usoa Arregui e a CEO Womenalia e embaixadora eWoman 2017, María Gómez.
Como broche final, otorgaranse tres recoñecementos a tres mulleres galegas en tres categorías: eWoman 2018 Negocio online, eWoman 2018 Traxectoria profesional e eWoman 2018 Arte dixital e Redes sociais.
O importe da recadación das entradas doarase á Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña, AFACO.