Non queda nada para a gran noite do cine: o 4 de marzo o Dolby Theatre de Hollywood acolle a 90 edición dos Premios Oscar, na que A forma da auga, de Guillermo del Toro, e Tres anuncios nos arredores, dirixida por Martin Mcdonagh, parten como favoritas para facerse coa estatuíña a Mellor Película. Ambas competirán con Os arquivos do Pentágono, tamén candidata na categoría de Mellor Actriz Protagonista -Meryl Streep-, na que supón a vixésimo primeira nominación da intérprete. Case nada!
Aínda non as viches? Reserva xa as túas entradas en CINESA Marineda City e non perdas as pelis das que todo o mundo fala. Ademais, se compras entradas para algunha das dúas primeiras, podes gañar entradas VIP para o Festival de Cine de Londres.
A forma da auga. É a Guerra Fría e a carreira militar e espacial está no seu punto máis álgido. Elisa (Sally Hawkins) é unha empregada da limpeza muda nunha instalación do Goberno que esconde uns laboratorios secretos. A súa vida cambia por completo ao descubrir a un ser enigmático: un home-peixe único, unha auténtica anomalía natural, que vive pechado e é vítima de diversos experimentos.
Tres anuncios nos arredores. Protagonizada por Frances Mcdormand, que tamén competirá polo galardón na categoría de Mellor Actriz Protagonista, o filme céntrase no asasinato sen resolver da filla de Mildred Hayes. A muller, de 50 anos, decide declarar a guerra á policía do seu pobo, Ebbing, Misuri, colocando tres carteis á entrada do pobo con mensaxes moi controvertidos sobre o xefe de policía, William Willoughby (Woody Harrelson).
Os arquivos do Pentágono. Tom Hanks e Meryl Streep encarnan a Katherine Graham e Ben Bradlee, editora e director do Washingont Post, que se enfrontan á empresa de relanzar un xornal en decadencia. Xuntos, formaron un equipo improbable, xa que se viron obrigados a unirse e tomar a audaz decisión de apoiar ao New York Times e loitar contra o intento sen precedentes da Administración Nixon de restrinxir a primeira enmenda.