Beatriz ten 35 anos, é arquitecta e hai dous anos decidiu montar unha tenda de calzado infantil para “conciliar a vida familiar e laboral”, explica esta empresaria e emprendedora, que, tras realizar varios cursos de marketing e xestión embarcouse na aventura de poñer en marcha Bubo. Desde o pasado mes de setembro, a zapatería infantil atópase na Pop Up Store, na planta 0 de Marineda City, onde poderedes atopar unha amplísima variedade de calzado para os máis pequenos da casa, desde o 15 ata o 41. E é que a filosofía de Bubo é ofrecer a maior calidade e respectar o desenvolvemento do pé do neno, pensando na economía de todos. O seu produto, que nun 90% está fabricado en España, quitando marcas como Timberland, Paez, Levis ou Lulú- abarca desde os modelos máis formais de cerimonia ata o calzado máis moderno e actual, como os demandados Oxford, botíns con flecos ou botas de pelo.
Cores rechamantes e espazo para xogar
Desde o nome ata o deseño da tenda: en Bubo, todo está pensado para os máis pequenos. “Buscamos un nome que fose fácil de pronunciar para os nenos e ao final foi a miña filla a que mo deu: ela chamaba bubos aos bufos. En canto ao establecemento, o seu deseño, moi rechamante e colorido, está baseado nas cores do parchís e dispón de espazos moi amplos para que poidan xogar, pintar, colorear, facer crebacabezas… E é que, para Beatriz, o máis importante é que o neno queira volver. “Para nós o importante é que tanto nenos e nenas como os papás e as mamás estean cómodos: queriamos que a tenda fose ampla para que eles teñan espazo para xogar e para que caiban ben todos os carros, incluídos os de xemelgos. Desde o punto de vista de nai, quixen facer unha tenda que tivese o que á miña gustaríame que tivese”
Ata xaneiro en nosa Pop Up Store
Bubo estará ata o próximo mes de xaneiro na Pop Up de Marineda, un espazo de aluguer temporal situado na planta 0, na zona de Zara, e que ten como obxectivo apoiar a novos empresarios, pemes, emprendedores locais, diseñadores e creadores, poñendo a disposición de marcas emerxentes un espazo que lles permite comercializar e expoñer os seus produtos no centro comercial de referencia en Galicia.