O 1 de decembro acendemos a iluminación de Nadal cun espectáculo musical para toda a familia no que música, coreografías e xoguetes xigantes dan a benvida a unhas festas cheas de ilusión
Ilusión. Esa é a palabra que mellor define o Nadal: por iso, o 1 de decembro acendemos a “Navineda” cun espectáculo que nos convida a volver vela coa mirada dos nenos. Música, coreografías e xoguetes xigantes nunha atmosfera de luz e cor protagonizarán o show musical para toda a familia que organizamos con motivo do acendido da iluminación de Nadal. “Conto de Nadal. The show” é un espectáculo creado expresamente para a ocasión que terá lugar o vindeiro venres 1 de decembro nun evento aberto ao público no que 20 artistas darán vida a xoguetes que perderon a súa enerxía e necesitan recuperala grazas ás nosas luces de Nadal. Nenos e maiores poderán gozar de figuras espectaculares, como soldados de chumbo de 4 metros, e bonecos que cobran vida, como pingüíns, renos ou ratos. O evento celebrarase na praza exterior do complexo ás 19.30 horas e, continuará no interior, ás 20h, na Praza Elíptica. Será unha viaxe fantástica ao que estades todos invitados!
Diversión para toda a familia
Con este acto, damos o pistoletazo de saída a nosa programación de Nadal, cun protagonismo especial para o público infantil. Así, a partir do 24 de novembro entrará en funcionamento a xa tradicional pista de patinaxe sobre xeo e o 1 de decembro abrirá as súas portas o mercado de Nadal, todo iso na praza exterior, mentres que, desde o 4 decembro, a Praza Elíptica acollerá un ano máis un labirinto que fará as delicias dos máis pequenos.
Papá Noel, o Cartero Real e os Reis Meigos
E como cada Nadal, Papá Noel, o Cartero Real e os Reis Meigos visitarán o centro para recoller as peticións de pequenos. Santa acompañaranos do 16 ao 23 de decembro; trala súa partida, será a quenda do Cartero Real, que estará de 26 de decembro ao 2 de xaneiro e, xa para rematar, as súas Maxestades de Oriente chegarán a Marineda o 3 de xaneiro, onde estarán ata o día 5 para recoller todas as peticións dos nenos.
Espazo Nintendo Switch
Do 30 de novembro ao 3 de decembro os afeccionados aos videoxogos poderán probar a nova Nintendo Switch e vivir a última aventura de Super Mario, botar unha partida ao EA Sports FIFA 18 ou converterse no mellor adestrador de Pokémon co Pokkén Tournament DX. Será no espazo Nintendo Switch que estará situado na zona de moda e deporte.
O Nadal máis solidario
A ilusión tamén é compartir cos que menos teñen e por iso no Nadal de Marineda haberá espazo para a solidariedade: do 1 ao 24 de decembro, no noso espazo solidario, acompañarannos dúas entidades de acción social -Sorrisos de Bombai e Pai Rubinos- que estarán recaudando fondos para os seus proxectos.
As túas compras de Nadal, máis cómodas
Como cada ano, queremos facilitarte ao máximo a compra dos teus agasallos de Nadal e por iso contaremos cun servizo de empaquetado. Desde o 11 de decembro ao 5 de xaneiro, pasa polo noso local de empaquetado na planta baixa e déixao nas nosas mans! Ademais, abrimos todos os domingos de decembro e o venres día 8, festivo.
Cos mellores servizos
Como todo o ano contamos con servizo de préstamo de cadeiras de rodas, mochilas portabebés e cadeiras infantís, costureiro e botiquín portátil, zona de cargadores (planta 1, zona de moda e deporte); caixeiros, prazas de aparcamiento para familias, pulseras de seguridade infantil… E recorda que para que a túa visita sexa a mellor experiencia e estar ao tanto de todas as promocións e novidades, podes descargar nosa app móbil (dispoñible en Google Play e a APP Store)) e solicitar a Marineda City Card, coa que terás acceso a promociones especiais en máis de medio centenar de establecementos. E se nos visitas desde fóra da Coruña, pide a túa Marineda City Card Tourist: unha tarxeta temporal coas mesmas vantaxes!