Este outubro IKEA lanza a última das súas colaboracións, YPPERLIG, levada a cabo coa compañía de deseño danesa HAY. E este sábado día 7 poderás descubrila en primicia no cóctel de presentación que terá lugar en IKEA Marineda.
Trátase dunha colección contemporánea, que non pasa de moda, con básicos adaptados ás necesidades de hoxe en día que inclúen desde sofás e mesiñas ata accesiones entre os que se atopa un redeseño da icónica bolsa azul de IKEA
Deseño sinxelo, funcional e estético
HAY é unha compañía danesa fundada polo matrimonio Mette e Rolf HAY. Centrada en crear mobles para a vida moderna, mediante unha fabricación industrial sofisticada, a parella inspírase en elementos como a arquitectura, a moda, a arte… que dá lugar a pezas que teñen un deseño sinxelo, funcional e estético.
Sofás, mesas de táboas, espellos de metal en tres cores e diferentes tamaños, unha lámpada extraordinariamente fina, unha cadeira feita cun molde de inxección e téxtiles versátiles con diferentes estampados en cada lado son algunhas das pezas que compoñen esta nova colección.
A nova bolsa de IKEA: vas querer unha
A bolsa de IKEA é un dos produtos máis recoñecidos do mundo. E grazas á colección YPPERLIG este icónico obxecto reinvéntase: sen cambiar o tamaño nin o material, renóvase en novas cores e estampados. Poderás elixir entre seis modelos diferentes; ademais, a nova bolsa é máis duradeira grazas a correa de nailon colocada ao redor da parte inferior da bolsa.