En Marineda City encántanos ofrecervos novos servizos para que a vosa visita sexa a mellor experiencia. Nos últimos días, habilitamos unha zona de Click&Collect para facilitarvos a recollida das vosas compras online. Este espazo, situado na planta 0, fronte a barbaría Marco Aldany, conta cunha taquilla para recoller pedidos de Amazon, unha taquilla de Correos PAQ e un punto PUDO (“Pick Up, Drop Off”)
Como funciona
Con este novo servizo poderás realizar as túas compras en calquera tenda online e elixir a zona de Click&Collect de Marineda City como punto de recollida, xa sexa na taquilla de PUDO, na de Correos PAQ ou na de Amazon. No caso de Correos PAQ, para comezar a utilizar este servizo só tes que descargarche a aplicación para Android ou para iOS, e elixir o punto no que desexas recoller os teus paquetes.
O funcionamento do punto PUDO é moi similar: terás que indicar o punto PUDO de Marineda City como lugar de entrega e acceder a consigna co código que che será facilitado no momento da compra. Grazas a este novo servizo, evítas o problema de non estar en casa cando chega o paquete e podes recollelo cómodamente cando veñas de shopping a Marineda City.
Servizos para todos
Este novo servizo súmase a outros como o de persoal shopper gratuito, shopping trolleys, cajeros automáticos, prazas de aparcamiento para familias, taquillas e punto de recarga de móbiles. Para as familias con nenos está o servizo de préstamo de silliñas e mochilas, ademais de aseos infantís, salas de lactancia e cambiadores de bebés. Tamén dispoñemos dun servizo de préstamo de cadeira de rodas e de scooters eléctricas para persoas con movilidad reducida.