Tres días, todas as pelis que queiras por 2,90€ cada entrada: ¡a festa do cine xa está aquí! Os días 8, 9 e 10 de maio poderás gozar do mellor cine en Cinesa Marineda City e do teu menú no bar por 3,50€ (se compras a túa entrada online) e por 4,50€ (coa túa entrada en taquilla) Aínda non elixiches as pelis que vas ver? ¡Aquí tes algunhas propostas!
- O círculo. Emma Watson e Tom Hanks protagonizan a recentemente estreada adaptación da novela de Dave Eggers. Unha moza entra a traballar nunha gran empresa de Internet na que as informacións persoais de millóns de persoas e entidades campan libremente.
- Plan de fuga. O thriller español está de moda e Plan de Fuga continúa o camiño aberto por filmes como Cen anos de perdón ou Tarde para a ira. Reparto de luxo encabezado por Luís Tosar, Javier Gutiérrez e Alain Hernández.
- A bela e a besta. Os personaxes máis queridos do clásico de Disney cobran vida nesta nova adaptación que mestura a acción real e a animación dixital. Cunha espectacular posta en escena e vistosos números musicais, conquistará o corazón dos máis románticos.
- Gardiáns da Galaxia. Awesome Mix Vol. 2 é o novo telón de fondo sonoro de Gardiáns da Galaxia Vol. 2 de Marvel que narra as aventuras do equipo mentres atravesan os confíns do cosmos. Os Gardiáns deben loitar para manter unida á súa nova familia mentres desentrañan o misterio da verdadeira filiación de Peter Quill. expandiéndose.
- A cidade perdida. Tras descubrir vestixios de antigas civilizacións na selva amazónica, o soldado Percy Fawcett (Charlie Hunman) descobre vestixios de antigas civilizacións e regresa a Inglaterra convencido da existencia dunha metrópole afundida, a misteriosa cidade de Z.