Os mozos de Rei Zentolo estrean imaxe en Marineda City cun novo stand totalmente renovado. Situado na planta 1, fronte a Stradivarius, nel atoparedes as camisetas máis divertidas e os complementos máis orixinais.
E é que o orgullo galego, a creatividade e a universalidade son os alicerces da filosofía zentola, unha marca que naceu en 2003 cando tres mozos galegos crean a primeira liña de camisetas que mesturan a cultura popular de Galicia coa estética pop anglosaxona.
Tras comezar a súa andadura en feiras, festas e festivales, e, animados pola boa acollida, abriron a súa primeira tenda en Pontevedra. Unha década despois, os produtos de Rei Zentolo véndense en nove tendas repartidas por toda Galicia, decenas de córners exclusivos da marca e tendas multimarca.
Camisetas, suadoiros, gorras, bodis, chaveiros, cuncas, libretas, mochilas, no novo stand de Marineda City atoparás roupa e complementos cos deseños e personaxes que poboan o universo Rei Zentolo, no que Rosalía, Chuck Norris e a Santa Compaña conviven en refrescante harmonía.