A firma súmase a marcas como Canada House, que no mes de abril abriu as súas portas na nosa Pop Up, Guapetones ou Mayoral.
Esta semana démoslle a benvida a Gocco, a marca de moda líder no sector infantil con máis de 15 anos de experiencia. Actualmente, a compañía leva un año traballando na evolución natural da marca e o deseño das súas coleccións. Todos estos cambios veñen da man de Ana Satrustegui, directora creativa de Gocco.
A nova tenda Gocco de Marineda City ofrece un universo Premium a través dun deseño único e de calidade e un excelente servizo que ten como obxectivo mellorar a experiencia de compra. O novo concepto de tenda introduce novas solucións tecnolóxicas e está decorado cunha estética e gusto impecable. Gozaredes duns deseños únicos con grandes toques de tendencia, dunha colección chea de detalles e de tecidos exclusivos e coidadosamente deseñados.
E é que se por algo se caracteriza Gocco é pola súa aposta por vestir aos seus clientes ao longo de todas as etapas da súa vida, con pezas que falan a linguaxe dos máis novos e especialmente pensadas para cubrir todos os eventos que teñen ao longo do seu día a día; ademais dunha colección de bixutería e complementos deseñada tanto para os máis pequenos da casa como para os junior.
Esta nova apertura reforza a nosa oferta infantil, entre a que se atopan destacadas firmas como Canadá House, que no mes de abril incorporouse a nosa Pop Up; Mayoral ou Guapetones; establecementos de lecer exclusivos para os nenos, como Fan Square; ou o salón de peiteado infantil Fan Look.
En Marineda City queremos que as familias gocedes da mellor experiencia no noso centro comercial e por iso temos actividades e servizos especialmente pensados para vós; como o club kids, con divertidas festas e talleres; pulseiras de seguridade infantil, préstamo de silliñas e mochilas portabebés, prazas de parking especiais…