“As etiquetas, só para os productos”. Este é o lema dos manteis que esta fin de semana vestirán as mesas dos nosos restaurantes e cafeterías. Trátase dunha acción organizada por Cruz Vermella que ten como obxectivo potenciar a diversidade na sociedade e as empresas e cambiar mentalidades para favorecer a integración laboral.
Esta iniciativa forma do Plan de Emprego de Cruz Vermella, un proxecto que busca favorecer a empregabilidade das persoas, especialmente daquelas con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral: mozos, persoas maiores de 45 anos, mulleres que permaneceron tempo afastadas do mercado de traballo, desempleados de longa duración, persoas inmigrantes…
No marco deste proxecto, con máis de 17 anos de historia, os profesionais de Cruz Vermella acompañan ás persoas en situación de desemprego na procura do mesmo de xeito personalizado, co fin de definir as súas fortalezas, coñecer as súas necesidades formativas, axudarlles a afrontar un proceso de selección…
Así, o proceso se base en tres alicerces: a orientación laboral; a cualificación a través de talleres que abordan tanto os hábitos laborais e habilidades transversais como responsabilidade, seguridade e hixiene ou iniciación ás novas tecnoloxías; como a capacitación profesional; e a intermediación, para facilitar a conexión entre as persoas que buscan emprego e as empresas que necesitan traballadores.