Achégase un día moi especial: o Día do Pai, un día para celebrar os bos momentos xuntos e para agradecerlle que sempre estea aí para ti.
Deportista, fashion victim, rei da bricolaxe, lector empedernido, amante da tecnoloxía… Sexa como sexa o teu pai, seguro que en nosas máis de 180 tendas atopas o agasallo perfecto: moda, beleza, equipamento deportivo, os últimos gadgets, videoxogos… E se é un romántico irredento, temos a proposta perfecta: “Do teu corazón ao meu libro“, un proxecto que recompila historias de amor anónimas recollidas por toda Galicia e que se presenta o sábado 18 ás 18h en Marineda City. Consegue o teu exemplar na librería Santos Ochoa e regálallo con dedicatoria incluída!
Celébrao en familia
Celebralo xuntos é un dos mellores agasallos que lle podes facer a papá. Rétao a unha carreira no karting, invítao ao cine ou botádevos unhas risas na bolera. ¡Seguro que os dous gardaredes un recordo estupendo! E para que o día sexa completo, nada mellor que comer en familia. En Marineda City tendes máis de 20 restaurantes para elixir: asiático, americano, italiano, arxentino, brasileiro…
Ademais, moitos deles prepararon concursos, promocións e menús especiais para estes días: desde Muerde la Pasta propóñennos recordar as frases máis míticas dos nosos pais e participar no sorteo dunha cea para 4.
Pola súa banda, os compañeiros de Carrís Hoteis prepararon un menú súper especial para ese día. Podes consultalo aquí. Tamén en Fan Square teñen menú especial para que o celebredes todos xuntos. Ademais, ¡na súa páxina de Facebook sortean unha comida gratis!
Recorda que podes estar ao tanto de todas as nosas promocións na nosa web ou a nosa app móbil (descárgaa aquí se o teu teléfono é un iPhone o aquí se é Android)). E se vés entre o 17 e 21 de marzo e tela instalada, ¡podes gañar agasallos do Dépor!
Chef, enfermeiro, conta contos, o que todo o arranxa… porque papá é único, merécese o mellor agasallo: atópao en Marineda City!