Featured Video Play Icon
 

Que ninguén te pare: o planeta primeiro

O pasado ano 2016 entrou en vigor o Acordo de Paris contra o cambio climático, un gran logro de toda a sociedade que supón un punto de inflexión e o comezo dunha gran transición global cara a un desenvolvemento e unha economía limpa e baixa en carbono.

Tamén o pasado ano foi o máis caluroso da historia, polo que Gobernos, empresas e cidadáns de todo o mundo estanse mobilizando e traballando para acelerar este cambio.

A Hora do Planeta
En Marineda City non somos alleos a este compromiso e por iso un ano máis colaboramos como empresa participante na Hora do Planeta. Trátase da maior iniciativa global en defensa do medio ambiente coñecida, na que participan máis 7.000 cidades e 172 países e territorios.

O próximo 25 de marzo, entre as 20.30h e as 21.30, sumámonos a esta gran iniciativa global apagando as luces polo planeta. Non hai tempo que perder: vivimos momentos extraordinarios, de grandes riscos pero tamén de incribles oportunidades para o planeta e para toda a humanidade.

E ti, súmaste? Que ninguén te pare: o planeta primeiro.