Esta semana celébrase o Día da Muller e para conmemoralo recompilamos cinco videos que reivindican a loita pola igualdade e a liberdade de ser o que queiramos ser.
He For She
“Tanto os homes como as mulleres deberían sentir que poden ser sensibles. Tanto os homes como as mulleres deberían sentirse libres de ser fortes. … chegou o momento de percibir o xénero como un espectro e non como dous conxuntos de ideais opostos” Estas foron as palabras de Emma Watson no seu aplaudido discurso nas Nacións Unidas. ¡Bravo Emma!
Like a girl
Cando se converteu “como unha moza” nun insulto? Esta é a pregunta que se fan os creadores desta campaña, no a que piden a varios adultos e nenos e nenas que corran, loiten ou arroxen unha pelota como unha nena. As súas reaccións e as dos rapaces mostran unha reveladora diferenza.
Lady Like
Qué é ser unha lady? H&M redefine este concepto nesta inspiradora campaña.
Unleash your creativity
“Desafía o status quo, reinventa as rutinas, desata a túa creatividade” Así reza esta campaña lanzada por Adidas en 2016, na que mostra o deporte desde unha perspectiva feminina: as tenistas Caroline Wozniacki e Ana Ivanovic, a futbolista Morgan Brian ou a deportista urbana Robin Arzon son algunhas das súas protagonistas.
https://youtu.be/AH0rqwc4fgY
My Beauty My Say
“Ti non es eu, eu son eu e non vou ser definida a través das expectativas de ninguén” Dove reivindica a liberdade de cada muller para definir a súa propia beleza.