Foto: Catálogo de Mango
Xa ule a primavera: estampados florais, camisas con bordados, volantes, mangas XXL, bikers e bombers poboan os escaparates e pronto os nosos armarios. ¡Descubre as tendencias para á próxima tempada nas nosas tendas!
Os volantes, os lazos e as mangas XXL son algún dos sinais de identidade do catálogo de febreiro de Mango, nunha colección que xoga cos volumes e unha paleta de cor que vai desde brillantes alaranxados e estampados florais aos brancos, tons terra e prata.
Creada a partir de residuos da costa reciclados chega a nova colección Conscious Exclusive 2017 de H&M, caracterizada polos tecidos fluídos, liñas formais e relaxadas. Pola súa banda, Stradivarius aposta polas superposicións, as pezas oversize e tecidos metalizados que aportan un toque futurista. O denim e o look roqueiro triunfa coa súa peza máis emblemática: a biker, que se reinventa con tachas e flocos.
En Springfield súmanse á tendencia dos parches en todo tipo de pezas, os estampados florais e as camisas e bombers bordadas. Tampouco faltan as camisetas e suadoiros con mensaxe, que continuarán poboando as rúas na primavera de 2017.
En Amichi apúntanse ás mangas acampanadas e os volantes, nunha colección na que abundan os estampados étnicos, os vestidos camiseros e os estampados.
Pés, ¡para que vos quero!
Tamén as firmas de calzado presentan novos deseños para vestir os nosos pés esta primavera, na que as zapatillas volven pisar forte co regreso dun clásico, as Adidas Gazelle, coas que te podes facer na tenda Adidas de Marineda City. En Krack atopamos tamén unha gran selección de marcas deportiva, ademais de botíns troquelados e bailarinas. Con deseños alegres e divertidos que fan da cor auténtica protagonista, MARYPAZ presenta unha colección de espírito novo e desenfadado, urbano e cosmopolita.
Estas e moitas máis novidades estanvos esperando nas nosas tendas de moda: ¡ven descubrilas!