Sabías que hoxe se celebra o Día Mundial da Torta de Chocolate? Trátase dunha tradición nacida nos Estados Unidos que pouco a pouco foise extendendo ao resto do mundo. E como calquera excusa é boa para gozar deste delicioso manxar, aquí van algunas propostas para celebralo.
Muerde la Pasta. A Torta di Cioccolato de Muerde la Pasta (Planta 2) é unha aposta segura: torta de chocolate con suave crema e anacos de ¡máis chocolate!
Vips. Non un, nin dous senón tres chocolates! é a proposta de Vips (planta 2): tres capas de biscoito de chocolate recheo de mousse de chocolate branco, ganache de chocolate con leite e avelás. Coberta con lascas de chocolate branco e avelá caramellizada. Amor.
La Piadina. Ademais dunha riquísima torta de dous chocolates, na Piadina Riminese (planta 2) podemos gozar deste oscuro pracer nas mais diversas formas: piadina de nutella con fresas ou plátanos ou piadina de brownie quente e iougur xeado.
Cambalache. En Cambalache (planta 2) propóñennos unha deliciosa torta mousse de chocolate: intenso chocolate transformado nunha lixeira e esponxosa crema sobre base de biscoito.
Foster’s Hollywood. Biscoito de chocolate recheo de crema de chocolate, coberto con chocolate fondant e bañado en salsa de chocolate e anacos de galleta Chips Ahoy®. A Devils’s Food Cake de Foster’s Holloywood (planta 2) está tan boa que ten que ser pecado.