A zapatería Gisela Kids súmase á nosa oferta de moda para nenos

¡Nova incorporación na nosa Pop Up! Desde o próximo 7 de xaneiro, a zapatería infantil Gisela Kids súmase á nosa oferta para os máis pequenos da casa. Nela, atoparedes deseño español e grandes firmas como HunterGorilaVictoriaUGG Australia…

A calidade e a saúde son as prioridades desta empresa familiar: por iso, seleccionan os mellores materiais e as mellores formas para o correcto desenvolvemento do pé en idade de crecemento.

Gisela Kids estará na nosa Pop Up (planta 0, Praza Elíptica) ata o próximo 21 de xaneiro, ofrecendo unha gran variedade de marcas, modelos, cores e complementos para os pequenos. Ademais, como a súa apertura coincide co primeiro día de rebaixas, celebrarano con descontos de ata o 50% en primeiras marcas. ¡Non as deixes escapar!

A Pop Up de Marineda City

A Pop Up de Marineda City, situada na praza na praza Elíptica de planta 0, unha zona privilexiada e de alto tránsito de clientes, á beira de firmas como Zara, Oysho, Shana e O Corte Inglés, é un espazo singular e totalmente acondicionado grazas ao cal poderás dar a coñecer a túa marca ou proxecto no centro comercial máis grande de Galicia e mostrar os teus produtos aos nosos máis de 16 millóns de visitantes anuais.

Trátase dun espazo totalmente modulable para que poidas configuralo de forma óptima segundo a túa actividade. Por suposto, contarás con todos os suministros necesarios para o día a día, incluíndo conexión a Internet por cable, WIFI propio, fío musical e dous probadores.

Infórmate en [email protected] ou no 881 888 888.

Descárga o dossier.