En Marineda City queremos mellorar cada día e facer da túa visita a mellor experiencia. Por iso, puxemos en marcha novos servizos para facilitar as túas compras, especialmente nestes meses de agasallos e un pouquiño de estrés.
O primeiro é un shopping trolley pensado para que leves as túas bolsas cómodamente sen ter que cargar peso. Para utilizalo, só terás que solicitalo no punto de información situado xunto a Imaginarium e depositar unha fianza. Unha vez finalices a túa xornada de shopping, poderás devolvelo no mesmo punto.
Tamén orientado a mellorar a vosa mobilidade polo centro está o novo buggy, co que te desprazaremos cómodamente ata a praza na que deixes o teu coche no parking (recorda que podes memorizarla fácilmente coa nosa APP). Se desexas facer uso deste servizo, comunícanolo no punto de información, diríxete cara á planta que desexes e estarémos esperando por ti na saída do ascensor.
Para rematar, como sabemos que vos gusta ir sempre perfectos, na planta 0, xunto a Comar, atoparás un cómodo limpiador de calzado que funciona con só achegar a túa palma ao botón. Unha vez estea en funcionamento, únicamente terás que achegar os teus zapatos e quedarán brillantes e impecables.
Esperamos que estes novos servizos, que se suman a todos aqueles de os que xa dispoñía o centro, sexan de utilidade. E recorda que do 9 de decembro ao 5 de xaneiro teremos servizo gratuito de empaquetado de agasallos na planta baixa e que, para facilitar as vosas compras, as nosas tendas estarán abertas todos os domingos do mes de decembro excepto o día de Nadal, así como o xoves 8.