Tanto se sodes uns expertos patinadores coma se o que buscades é pasar un día divertido de risas e emoción, este é o voso plan. E é que nosa tradicional pista de xeo xa abriu as súas portas. Estará en funcionamento ata o 15 de xaneiro 22 de xaneiro e abre todos os días da semana incluídos domingos e festivos. Os horarios podedes consultalos pinchando neste enlace. ¡Non tedes escusa!
Ademais, para que os máis peques da casa tamén poidan gozar da nosa pista de xeo, hai patíns de dobre coitela para eles. E, como os menores de 5 anos teñen que ir acompañados dun adulto, non vos preocupedes se non sabedes patinar ben, xa que poderedes utilizar solas especiais de goma para facilitarvos o desprazamento na pista. Tamén para os nenos haberá, como noutras ocasións, divertidos pingüíns e osos andadores, para que o pasen de cine.
A entrada básica costa 7,50 euros, pero a pista ten descontos especiais para posuidores de tarxetas como a Marineda City Card ou a Ikea Famliy (6€), por compras en Leroy Merlin e O Corte Inglés (6€), para grupos de máis de 10 persoas (5,5€) e para colexios, asociacións e grupos organizados (4€), entre outros. As entradas poden adquirirse na propia pista.
Recordade traer as vosas luvas, ¡e a gozar!