Sabemos da vosa paixón pola moda, por iso, coa chegada da nova tempada apostamos por renovar por completo o servizo de estilismo e persoal shopper para achegarvos aínda máis as últimas tendencias. Toma nota, porque El Vestidor mellorou para ti:
A partir de agora o servizo é gratis! Si, oíches ben: se queres renovar a túa imaxe, mellorar a xestión do teu armario ou descubrir as cores ou estilos que máis che favorecen, desde o mes de setembro o noso estilista Fernando Suárez está á túa disposición para axudarche. Tan só tes que solicitar cita no punto de información, indicando os teus datos de contacto e o horario que prefires. Iso si, este servizo está reservado a usuarios da Marineda City Card, así que, se aínda non tes a túa, lembrámosche que podes solicitala cómodamente e de forma totalmente gratuíta a través da APP de Marineda City ou ben achegarte a un dos puntos de información do centro.
Os horarios dispoñibles para as citas en El Vestidor son os martes entre as 10:00h e as 14:00h e pola tarde de 17:00h a 19:00h, e os xoves entre as 19:00h e as 21:00h. Cada sesión terá unha duración dunha hora. Xa non tes escusa!