Como xa vos contamos, este verán na praza exterior poderedes gozar do deporte no noso skimpark, pista roller e pista multisport. Pero, ademais, durante os meses de xullo e agosto teremos unha completa programación con concursos, exhibicións e talleres de diferentes disciplinas.
Os venres, torneos para os máis novos
Este venres, 15 de xullo, comezamos cun concurso de tiros a porta (fútbol); o venres 22 de tiros libres (baloncesto); e o venres 29 de xullo un circuíto de roller con obstáculos. As actividades están dirixidas a nenos e mozos de 4 a 12 anos. Haberá agasallo seguro para todos os participantes e premios para os gañadores. De 19h a 20h. ¡Prazas limitadas!
Sábados: exhibicións, talleres e masterclass
Os sábados, na zona do skimboard, teremos exhibicións, talleres e masterclasses de skateboard, artes marciais ou cross fit. Haberá dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde.
A primeira actividade terá lugar este sábado 16 de xullo cun taller de skateboard no que os participantes aprenderán os principios básicos sobre o coidado das táboas, así como o posicionamiento do corpo e trucos básicos e avanzados. O sábado 23 será a quenda das artes marciais cun workshop de Taekwondo a cargo da escola Garrapucho, con máis de 25 anos de experiencia. Ese mesmo día, haberá unha masterclass de zumba na praza exterior organizad por Decathlon e Termaria.
Apúntate gratis
A inscripción para as actividades deportivas é gratuíta e pode realizarse a través do correo electrónico [email protected], o teléfono 881 888 888 ou nos puntos de información do centro. Coa colaboración de Decathlon.