As últimas tendencias da tempada, os complementos máis frescos e divertidos e as marcas máis orixinais espérante este verán en Nicler, o novo establecemento que ocupará nosa Pop Up Store ata o próximo 17 de setembro.
A tenda estréase na Coruña con novidades como a exitosa marca cántabra Aire Retro, caracterizada polo optimismo e vitalidade nas súas prendas e que nos permite combinarnos cos pequenos da casa para formar un gran equipo.
En Nicler atoparedes tamén accesorios da coñecida ensina Mr. Wonderful, entre os que poderedes facervos coas súas divertidas axendas profesionais e escolares para empezar o curso con bo pé e a edición limitada de cuncas decoradas con orixinais mensaxes.
Con máis de 10 anos de experiencia, Nicler complementa a súa oferta coa colección de xoias de prata Dreams by Nicler, así como bolsos, fulares e outra serie de complementos.