Comida sobre rodas, sesións de DJs, show cookings e ambientazo. Sóache? Plateselector Food Tour aparca de novo en Marineda City! Tras a gran acollida do pasado ano, repetimos e contaremos cunha selección dos mellores food trucks nacionais na nosa praza exterior do 6 ao 9 de xullo.
Comeza, ademais, ao grande, xa que o 6 de xullo ás 21 horas temos concerto de Hombres G. Desde ese día e ata o sábado, Corazón de Agave, de comida mexicana; Show Cooking; a food truck coruñesa, El Chef Nómada, a especializada en repostería Crema del Cielo, e a espectacular Crepería School Bus, que participou no programa de TVE “Cocineros al volante”, ofrecerannos as súas mellores propostas de street food. Ademais, Galician Food, cos seus produtos made in Galicia a bordo dun colector marítimo acondicionado, e La Churrería de Marineda completarán a oferta.
Tamén haberá sesións de DJs cada día e actividades para os máis pequenos, como un taller de decoración de galletas con fondant, que terá lugar o sábado 9 ás 13:00 horas. E celebraranse dous show cookings, un o xoves 7 sobre coctelería creativa e outro o venres 8, de iniciación ao sushi. Ambos serán ás 20h e é necesario inscribirse previamente en [email protected] para poder asistir, xa que as prazas son limitadas.
Non perdas de vir! E goza da música e a gastronomía a pé de rúa que nos trae Plateselector Food Tour e que se suma á nosa oferta de lecer e restauración da planta 2. Non tes escusas: do 6 ao 9 de xullo, o teu planazo do verán está en Marineda City.