San Xoán xa está aquí: consigue a mochila máis on fire do verán!

Tras o éxito do ano pasado, nosas mochilas sanxoaneiras volverán este 23 de xuño ás praias coruñesas. Queres saber como conseguir  o complemento máis on fire do verán? ¡Contámoscho! ¡Coruña está que arde!

  • Consigue a túa mochila exclusiva. O 23 de xuño, volveremos repartir as mochilas máis on fire do verán na praia e no centro comercial:
    • A partir das 20h, busca aos nosos repartidores nas praias do Orzán, Riazor e Matadeiro e consigue a túa!
    • Ao longo do día regalaremos 200 mochilas a todos os que vos acheguedes ao punto de información do centro situado xunto á Bottega. Para que ninguén se quede sen o seu obsequio, haberá dúas quendas: entregaranse 100 mochilas desde as 10h e ata que se acaben; e as outras 100 a partir das 16h ata fin de existencias. Para conseguir a vosa mochila, só teredes que pronunciar as palabras clave que vos desvelaremos mañá nas nosas redes sociais. ¡Atentos ao muro!
  • Deixa o teu coche no noso parking. Un ano máis, poñemos á vosa disposición o noso parking para que todos os que veñades de fóra a celebrar o San Xoán poidades deixar o voso coche e achegarvos ao centro nos buses lanzadeira que habilita o Concello. Podes consultar os horarios aquí. O aparcamento permanecerá aberto durante toda a noite; para recoller os vosos vehículos tras o peche do centro comercial, poderedes acceder ao parking desde as escaleiras da praza exterior.
  • Por un San Xoán sostible. Desde Marineda City tamén nos sumamos á campaña posta en marcha polo Concello da Coruña e o Festival Mar de Mares por un San Xoán sostible. Os días 21 e 22 de xuño acompañáronnos os voluntarios da Fundación Érguete repartindo trípticos con recomendaciones para gozar da festa respectando o medio ambiente e conseguir un San Juan máis limpo e respetuoso coa contorna. Tamén podes consultar o tríptico aquí