Hoxe queremos falarvos do centro de adopción de Kiwoco, un espazo no que aqueles animais que non teñen fogar poden pasar unha tempada á espera de converterse no novo mellor amigo de alguén.
Se estás pensando en incorporar a novo membro á túa familia, non dubides en pasar pola tenda de Marineda City a coñecer a estes pequenos que che roubarán o corazón seguro. O que vedes na foto é un dos catro cachorros que agora mesmo están á espera de atopar un fogar. Tamén hai dúas encantadoras gatiñas.
Iso si, en Kiwoco apostan pola adopción responsable e, por iso, antes de levalos a casa faranche unha pequena entrevista persoal para se asegurar de que é unha decisión meditada: é importante que penses se tes espazo para ter un animal na casa e dispós de suficiente tempo libre para o coidar.
Así mesmo, deberás asinar un contrato no que te comprometes a coidar do animal adoptado e destinalo exclusivamente a animal de compañía. Tamén terás que pagar unha taxa de 95€ de adopción en concepto de garantía legal e sanitaria: pasaporte, microchip, desparasitación, alta no rexistro e vacina contra a rabia.
No caso de que non poidas facerte cargo dun animal pero queiras colaborar nesta iniciativa, podes poñer a túa graíño de area doando produtos para as protectoras de ONG’s locais: todo é benvido, pero sobre todo alimentación.