Dom Barberías, un local especializado en barbaría masculina abriu hoxe en Marineda City, sumándose á oferta de establecementos de beleza do centro.
Tanto se es dos moitos que sucumbiron á moda barbuda dos últimos anos como se es barbudo militante desde que tes idade, ou prefires lucir un rostro suave e perfectamente rasurado, temos unha boa nova para ti.
Hoxe abriu as súas portas en Marineda City Dom Barberías, unha barbaría só para mozos especializada no coidado da barba e en cortes de última tendencia. Nela, profesionais especializados coidarán de todos os detalles para que luzas unha imaxe perfecta, tanto con barba como sen ela. Ademais, se tes pequenos, poderás aproveitar as súas ofertas especiais para pais e fillos.
Dentro do proxecto de DOM Peluqueros, con 25 anos de experiencia e tres establecementos operativos, a marca decidiu dar o salto a este novo concepto, adaptándose á nova demanda masculina polos servizos de barbaría.
O seu novo establecemento, cunha esmerada decoración estilo vintage, está situado na planta 0, no corredor da lotería.