Este sábado, 18 de xuño, A Coruña acolle o Comunicación All Star, un congreso que reunirá a recoñecidos expertos no sector da comunicación, entre os que se atopan nosa responsable de Marketing, Lorena Rey; Antonio Fabregat, socio fundador da empresade comunicación Train & Talk e Mellor Orador Universitario do Mundo 2015; Alba Alonso, fundadora do proxecto Realkiddys; ou Jorge Whyte, profesor de coaching, oratoria e debate.
Trátase dun evento único no que 12 profesionais de toda España descubriranche os segredos da súa área profesional. Durante a xornada, que se celebrará o 18 de xuño na sé de AFundacion na Coruña, haberá relatorios sobre debate, argumentación, o poder das palabras, feminismo en comunicación, psicología en comunicación, argumentarios para medios, oratoria, coaching ou narrativa de marca.
Tras as intervencións dos participantes, o encontro pecharase cun debate exhibición e unha mesa redonda coa participación do público.
Dentro do noso programa Marineda College, que ten como obxectivo fomentar e facilitar as accións formativas na nosa contorna, queremos invitar a 20 de vós a ir a este congreso. Se estás interesado en asistir, só tes que enviarnos un correo a comunicació[email protected] co teu nome completo, DNI e teléfono de contacto. As entradas asignaranse por rigorosa orde de solicitude ata completar o cupo. Só se aceptarán peticións ata as 13h do venres 17 de xuño. Unha vez recibamos o teu correo, indicarémosche cando recoller a túa entrada en Marineda City.
Así que xa sabes: se estas interesado no mundo do marketing e a comunicación non perdas a oportunidade de acudir gratis a este evento.