Este venres 13 de maio esperámosvos a todos na gran gala do aniversario, na que desvelaremos quen será o afortunado que fará realidade o seu soño e repartiremos centos de agasallos entre todos os asistentes: entradas de cine, 2 vales para IKEA de 500€, noites de hotel, clases de música e baile, ceas, carreiras no karting… Será a partir das 19.30h na Praza Elíptica. ¡Non faltedes!
Rístesvos, chorastes, cantastes… pero sobre todo ¡soñastes! Hoxe sodes xa máis de 300 os que vos pasastes polo noso plató dos soños para compartir connosco os vosos anhelos, ilusións e proxectos (se non viñeches aínda estás a tempo!) Este venres, 13 de maio, por fin saberemos quen é o elixido polo noso xurado, na gran gala de aniversario na que haberá unha chea de sorpresas e centos de agasallos para todos.
A gala arrincará a partir das 19.30h na Praza Elíptica. Nesta gran festa coa que queremos celebrar os nosos cinco anos con vós, desvelarase o nome do afortunado que poderá facer realidade o seu soño e tamén coñeceremos o resultado do sorteo do crucero polo Mediteráneo.
Acompañaranos neste momento tan especial o deportista Victor Tasende, un mozo que tras quedar parapléxico con 17 anos logrou non só volver camiñar, senón que logrou cumprir o seu soño de participar na Titan Desert.
Tampouco faltarán os membros do noso xurado, formado por Indira Rodríguez, wedding planner e autora do exitoso blog O Sofá Amarelo; a actriz da TVG Estíbaliz Veiga (Serramoura, Pazo de Familia); Pedro Ramos, director do festival Polisemias, Ana López, xerente de Marineda City e Carlos Cocheteux, director de IKEA na Coruña.
Importante: recordade que tanto o gañador do cruceiro como o do soño deberán estar presentes na gala para recoller o premio; en caso contrario, elixirase un novo ganador.