Coruña Planes Centro Comercial Shopping Ocio Planes
 

Cinco plans para gozar da Coruña esta Semana Santa

Sabías que o paseo máis longo de Europa está na Coruña? E que a Casa das Ciencias foi o primeiro museo de ciencia interactivo de España? E que Marineda City é o centro comercial máis grande de Galicia e o segundo de España? A nosa cidade está chea de plans para gozar duns días de vacacións: contámosche algúns.

  • Visitar o centro comercial máis grande de Galicia. Con preto de 200 tendas, unha planta dedicada ao lecer e a restauración, circuíto de karts, bolera, cine, escolas de moda, música e tecnoloxía e marcas como Ikea, Decathlon, Media Markt ou Primark, Marineda City é un lugar para vir de compras, pero tamén para gozar con amigos ou en familia e vivir experiencias únicas. Se vas viaxar á Coruña durante estas vacacións, non dubides en facernos unha visita: o xoves 24 e o sábado 26 abrimos todas as tendas, mentres que o venres 25 e o domingo 27 só permanecerán abertas as zonas de lecer e restauración.
  • Percorrer o paseo marítimo máis longo de Europa. Si, A Coruña ten o paseo marítimo máis longo de Europa: desde Punta Herminia ata O Portiño, trece quilómetros de percorrido permitiranche sentir o pulso da cidade, gozar da beleza salvaxe do océano atlántico e empáparte de cheiro a salitre e a mar.
  • Subir ao faro máis antigo do mundo en funcionamento. Declarada Patrimonio da Humanidade en 2009, a Torre de Hércules ilumina a bahía coruñesa desde o século I. Conta a lenda que baixo os seus cimentos descansa a cabeza de Gerión, vencido por Hércules en combate. Subir os seus 234 chanzos permiten ao visitante gozar dunha privilexiada vista da cidade
  • Descubrir o primeiro museo de ciencia interactivo de España. A Casa das Ciencias, inaugurada en 1983, foi o primeiro museo interactivo de titularidade pública de España, converténdose en referencia e modelo dos que se crearon despois no resto do país. Cos anos, a este sumáronse a Casa do Home, o Aquarium Finisterrae e a sé do Museo Nacional do Ciencia e Tecnoloxía, convertendo á cidade na capital dos museos científicos.
  • Percorrer as pegadas da historia. O castelo de San Antón, antiga fortaleza e cárcere que albergou a presos ilustres como Malaspina ou Porlier, o sepulcro de Sir John Moore, comandante británico falecido na Batalla de Elviña, ou as galerías e edificios modernistas que engalanan a cidade permitiranche descubrir os vestixios dun pasado cuxo legado continúa vivo en museos, rúas e xardíns.