ikea coruña marineda decoración
 

Descubre GILTIC, a nova edición limitada de IKEA

“Ter unha casa bonita non consiste só en ter unha chea de cousas atractivas, senón ter os elementos necesarios que complementen a túa personalidade. Desa forma, cando entras nunha casa é como se entrases no cerebro desa persoa” A frase é de Katie Eary, deseñadora de moda londinense que vestiu a famosos como Rita Ora, Rihana ou Usher e que agora se uniu a IKEA para crear GILTIC, unha edición limitada de utensilios de cociña e roupa de fogar que veu para encher os vosos fogares de cor, deseño e vangarda.

“Se temos algún elemento impactante no noso salón ou a nosa habitación, seguro que é un éxito na próxima festa e triunfa en Instagram. Contar con ese elemento único debería ser fácil para todo o mundo”. Con esta premisa IKEA e Katie Eary aplicaron os orixinais patróns da deseñadora á decoración.

E é que Katie Eary sempre salta as barreiras, explorando novas formas de crear con estampados únicos e mesturas de cor, que fai posible grazas á impresión digital. Ao trasladar a loucura do seu colorido ás nosas casas, entra nun territorio descoñecido: “aprendín unha chea traballando con IKEA, é fantástico ver os meus deseños noutro contexto totalmente diferente. Pódense facer tantas cousas no mundo do fogar e hai tantas barreiras por romper”, explica.

A nova colección, que foi presentada a semana pasada a un selecto grupo de bloggers en Ikea A Coruña, estará dispoñible só durante unhas semanas e, segundo os seus creadores, é garantía de éxito en calquera reunión. Así que non hai tempo que perder: ven a Ikea Coruña e faite con ela! Ademais, se vés do 19 ao 28 de marzo, as peaxes sáenche gratis.