O 31 de marzo de 2007 máis de dous millóns de australianos apagaron a luz nun xesto simbólico contra o cambio climático. Nacía así a Hora do Planeta, unha iniciativa de WWF que dez anos despois converteuse na maior campaña de mobilización ambiental da historia.
Un ano máis, e por primeira vez como empresa participante, en Marineda City unímonos a millóns de persoas en todo o mundo no maior movemento global en defensa do medio ambiente: o 19 de marzo, de 20.30h a 21.30h, apagamos a luz para concienciar sobre o cambio climático.
Agora máis que nunca, é o momento de cambiar polo clima. E ti, súmaste?