Roupa cómoda, tecidos técnicos, calzado deportivo, complementos… Zara súmase á febre da moda para facer deporte lanzando a súa nova liña de gymwear, xa dispoñible na tenda de Marineda City.
Segundo conta Telva, as pezas que permiten unha mellor transpiración e regulación da temperatura corporal, cores como o negro, o branco, o gris e detalles en amarelo fluor, acabados aveludados e tecidos brillantes caracterizan esta nova liña que encantará aos amantes do deporte.
Aos suadoiros, tops, chuvasqueiros, cortaventos e sneakers súmase unha ampla oferta de complementos, como brazaletes, luvas, calcetíns, cintas para o pelo, bandeaus, traxes de baño, toallas de secado rápido…
Ven descubrila!