Sete súper ideas para celebrar San Valentín

Love is in the air… Terminado o Entroido, sumerxímonos de cheo na semana máis romántica do ano con algunhas propostas para celebrar este 14 de febreiro.

  1. Compartir un plato de espaguetis. Hai algo máis romántico que emular á dama e o vagabundo nesta mítica escea? Non hai por que gastar un diñeiral: uns espaguetis con albóndegas poden ser o plato ideal para a túa cea de San Valentín.
  2. Beber un refresco con dúas paixiñas. Se prefires algo máis casual, pide un refresco grande para os dous e compartídeo con dúas paixiñas. Seguro que botades unhas risas!
  3. Deixa que lle dea o primeiro mordisco… ao croissant. Se o presuposto non che da para unha cea, compra un croissant e deixa que lle dea o primeiro mordisco. Así saberá que sempre vas primeir@ no seu corazón!
  4. Comer algo con chocolate. Desde o principio dos tempos se lle atribúen propiedades afrodisíacas. Aínda que os científicos non se poñan de acordo sobre que hai de verdade niso, a ninguén lle amarga un doce, non?
  5. Faille unha xoia con chuches. Elixe as súas favoritas e confecciónalle un colar ou unha pulseira. Pódese ser máis doce?
  6. Énchelle a casa de globos. Non é moi orixinal, vale, pero seguro que lle encanta. Se os globos levan o voso nome nun corazón, triunfo asegurado.
  7. Prepáralle un baño perfumado: Mezcla sales con aceites esenciais, engádeo todo á auga ben quentiña, agrega música suave e sazónao con moito amor: xa tes a receita perfecta para un San Valentín que non esquecerá.

Necesitas máis ideas? Non deixes de visitar a sección de promocións da nosa web para encontrar o regalo perfecto ao mellor prezo ou gozar de descontos e accións especiais nos nosos establecmentos de restauración.